luns, 18 de maio de 2020

Traballo e enerxía

A enerxía é unha magnitude física que mide a capacidade dun corpo ou sistema material para producir cambios nel ou noutros corpos. Mídese en Xulios (J) no Sistema Internacional.
A maior parte da enerxía que utilizamos procede do sol: ilumina e quenta a Terra, fai crecer os animais e as prantas, evapora a auha que forma ás nubes, produce vento e choiva,...todas estas transformacións dan lugar a diferentes formas de enerxía que se poden utilizar directamente ou para producir enerxía eléctrica.
Como sabes, hai diferentes  tipos de enerxía.

Características da enerxía:


  • a enerxía transfírese dun corpo a outro 

  • a enerxía almacénase 

  • a enerxía transpórtase


  • a enerxía consérvase


  • a enerxía transfórmase


  • a enerxía degrádase


Traballo mecánico.


De todas as acepcións que acabas de ler, a que a nos importa é a 11: 

"Magnitude que resulta de aplicar unha forza ao longo dun espazo"

En física so existe traballo se actúa unha forza e esta provoca un desprazamento.

W=F·d·cos(α)

Midese en xulios(J) no Sistema Internacional.

Potencia mecánica
É unha magnitude que relaciona o traballo realizado co tempo que se invirte en realizalo.

Mídese en vatios (w) no Sistema Internacional
Existe outra unidade moi utilizada: o cabalo de vapor ( cv).
A equivalencia entre ambas magnitudes:

1cv=745,7 w

A enerxía mecánica
A enerxía mecánica é a suma de dúas enerxias que poden ter os corpos debido ao seu estado de movemento: debido á súa altura e a súa velocidade.
  • enerxía cinética:
  • enerxía potencial:

Polo tanto, 

Principio de conservación da enerxía

  • Cando sobre un corpo non actúan forzas externas ( rozamento, por exemplo,) a enerxía mecánica mantense constante.
Em inicial=Em final
  • Se actúan forzas externas ( hai rozamento) non se mantén constante. A diferenza entre a Em  final e a Em inicial é o traballo que fixo a forza de rozamento que se manifesta en forma de calor.
                    Einicial- Efinal= WR
Déixoche enlace a uns videos con resolución de problemas sobre enerxías.