luns, 18 de maio de 2020

Os elementos químicos


A materia que nos rodea e a que forma o noso propio corpo,é o resultado da combinación de diferentes elementos químicos formando estructuras de maior ou menor complexidade: o osíxeno que respiramos, a auga que precisamos para subsistir, os hidratos de carbono do leite, as graxas dunha hamburguesa, as proteínas dun ovo, os minerais do granito sobre o que camiñamos,  ou a fibra dunha alcachofa,...
Pero, como se orixinaron eses elementos químicos? De onde veñen?






Pois si, as pezas que forman todo o que coñecemos foron orixinadas hai millóns e millons de anos alá, nun lugar alonxado do Universo trala explosiva morte dunha fermosa estrela.
E co transcurso do tempo acabaron formando unha rocha,  a auga dun río ou os organismos vivos. 
Todos somos polvo de estrelas.


Como sabes, cada elemento químico ten o seu símbolo. 
No seguinte enlace podes lembrar os dos elementos principais.



https://www.flippity.net/fc.asp?k=1FZ4fAV-SLgDMnHIIVj4L-HNi6xN35oU-k1myiPVEdCM

So tes que premer na icona 

para descubrir o símbolo do elemento en cuestión.
Despois, podes  xogar para comprobar os teus coñecementos.


Preme en Practice ou en Matching