luns, 27 de abril de 2020

A forza centrípeta.


Cando un corpo xira, a súa velocidade cambia continuamente. Lembra que o vector velocidade é tanxente á traxectoria en cada punto. Polo tanto, aínda que o seu módulo permaneza constante, a súa dirección e sentido están cambiando.
Por  ese motivo existe a aceleración normal e relacionada directamente con ela, a forza centrípeta.




Esta forza está directamente relacionada co movemento da Lúa  arredor da Terra, cos derrapaxes nas curvas cando os coches as toman con exceso de velocidade ou co funcionamento da nosa lavadora.
O valor desta forza depende  da masa do obxecto (m) que describe a traxectoria circular, da súa velocidade (v) e do radio de dita traxectoria (R).
Aqui tes algúns exemplos de exercicios resoltos sobre a forza centrípeta