luns, 27 de abril de 2020

A forza de rozamento


Anteriormente falamos da forza de rozamento,  unha forza que sempre dificulta o movemento. Pero, de que depende que esta sexa de maior ou menor intensidade?
Depende varios factores:

  • Das características de rugosidade da  superficie sobre a que ten lugar o deslizamento. Estas cuantifícanse a través dun coeficiente, o coeficiente de rozamento, que se designa coa letra grega  µ (mu). Na táboa que segue podes ver algúns exemplos do valor que toma este coeficiente en diferentes superficies. Como ves, hai dous tipos, o estático e o dinámico. O primeiro é o que ten que ver co inicio do movemento e o segundo o que se manifesta mentras dura o movemento.


  • Da masa do obxecto que se está a deslizar: canto maior sexa esta, maior será a forza de rozamento.
Para calculala, empregaremos a expresión:
Donde N é a forza Normal, da que tamén  falamos anteriormente e que,nos planos horizontais é igual ao peso do corpo.