luns, 27 de abril de 2020

Solubilidade

A estas alturas, quen máis quen menos , está pensando no verán, en tomar o sol , en ir á praia, nos refrescos,...
Pos diso imos falar, de refrescos de verán!
Cando fai calor, como nos apetecen as bebidas  con gas!  O seu sabor doce, as súas burbullas,...    Pero, non a deixes quentar, que se lle vai o gas!!        
Ou tamén un  café con xeo. Os seus  ingredientes son: café recién feito , xeo e azucre. En que orde os mesturarías? Xeo, café e azucre? Azucre, café e xeo? Cres que é indiferente ?
O feito de que os refrescos perdan o gas ao quecer ou cal é o xeito adecuado de preparar un café con xeo teñen moito que ver con un concepto químico moi importante:a solubilidade.
A solubilidade é a máxima cantidade de soluto que pode ser disolto nun disolvente a unha determinada temperatura.

Solubilidade de sólidos en agua

Como vedes, para  sólidos coma o azucre,  os gramos  que se poden disolver nun mesmo volume de auga, dependen da temperatura. 
Así se poden construir as gráficas de solubilidade de sólidos en auga.
Partimos dunha cantidade fixa  de auga (100g) e imos vendo canto se pode disolver como máximo a cada temperatura.

Según esta gráfica, se temos 100g de auga a 20ºC poderemos disolver  200g de azucre , pero se a quentamos ata os 90ºC poderemos disolver máis de 400g. Ambos valores son a solubilidade do azucre  a 20ºC e a 90ºC. Observamos que a solubilidade do azucre aumenta coa temperatura.

Temperatura
ºC
Solubilidade
g/100g de auga
20
200
90
>400
Cando unha disolución ten disolta a máxima cantidade de soluto que admite a unha determinada temperatura diremos que é unha disolución saturada.

E, evidentemente, tamén ocorre o contrario: se diminúes a temperatura, podes disolver menos. Por eso, se tes unha disolución saturada  e esta vai arrefriando, vai aparecendo no fondo do recipiente o soluto que non se pode disolver pero que antes, a maior temperatura, sí que estaba disolto.
No caso do azucre, nunha disolución saturada a 90ºC cando arrefríe ata os 20ºC , no fondo do recipiente van a aparecer uns 200g de azucre sen disolver.

Este comportamento é similar para a maioría dos sólidos cando se disolven en auga.
No seguinte video poderás observar o comportamento do nitrato potásico ao disolvelo en auga a diferentes temperaturas.


Creo que agora xa tes unha idea de cal é o mellor xeito de prepara un café con xeo ( se che gosta doce, claro).

Solubilidade dos gases en auga
Como sabes, podemos ter unha disolución na que o soluto é un gas  e o disolvente un líquido: o gas carbónico das bebidas con burbullas, o osíxeno que respiran os peixes,...
Como varía neste caso a solubilidade ?
Observa:

Pois si,como ves, a variación neste caso é xusto a contraria: a maior temperatura , menor solubilidade, menos gas disolto.

Entendes agora porque se lle vai o gas aos refrescos no verán?