luns, 11 de maio de 2020

Canto máis alto, menor presión.

Os gases que forman o aire atmosférico exercen unha presión sobre todos os obxectos situados no planeta. Esta presión"atmosférica" represéntase de xeito intuitivo, coma o peso por unidade de superficie da columna de aire que soporta enriba de si calquera obxecto situado na superficie terrestre.
A presión atmosférica varía coa altura: a columna de aire que soporta un montañero que escalou un cumio de 8000m é menor cá dunha persoa que está nadando no mar. 
Localiza esta cordilleira
Coñeces as diferentes unidades que se utilizan para medir a presión atmosférica? Mira cales son e como se relacionan:

Unidades de presión e as súas equivalencias
1 atm =
mm de Hg
Bar
Pascales (Pa)
g/cm2
760
1,01325
101325
1035
A unidade de presión do Sitema Internacional é o Pascal (Pa).

Según o ámbito científico ou tecnolóxico do que se trate, emprégase  de xeito habitual unhas ou outras unidades. 

Así, en medicina, mídese a tensión arterial en cm ou mm de Hg mentras que  en meteoroloxía, faise en bar,  milibar ou Hectopascais (HPa).
Para representar a relación que existe  entre a presión atmosférica en calquera punto  e a súa altura  sobre o nivel do mar , emprégase  a ley barométrica, unha complexa expresión matemática que relaciona ambas magnitudes e que tamén ten en conta as variacións de temperatura  e de densidade que ten o aire cando subimos a grandes alturas. 

No seguinte enlace, unha aplicación permite saber a presión a diferentes alturas. 

  • Introduces  a  presión inicial en mm de Hg, Po 
  • Introduces a altura á que queres saber a presión , h
Preme na imaxe
Na actualidade tes a túa disposición multitude de apps gratuítas coas que podes determinar a presión atmósférica, a temperatura ambiental e a altura á que te atopas  con gran precisión.