martes, 28 de abril de 2020

Xeometría analítica: Ecuacións da recta

Que é unha recta?
é unha liña que se extende nunha  mesma dirección, e que , polo tanto ten unha soa dimensión e pasa por infinitos puntos. 
Se falamos de direccións e de puntos, que elemento mellor ca os vectores para determinar unha recta?
Ti xa traballaches coa expresión matemática dunha recta cando resolvías sistemas de ecuacións e inecuacións de 1º grao polo método gráfico:
Partimos dunha expresión matemática  que contén x e y,  e, dando valores obtés un conxunto de puntos que , ao representalos, nos dan unha recta.
Ben, pois agora trátase de facer o camiño inverso: sabendo por que puntos pasa  teremos que obter a expresión con x e y: o que se coñece como a ecuación da recta.
Ben, non hai unha soa, hai... bastantes tipos de ecuación da recta. Pero para obter todos eles necesitamos saber dúas cuestións fundamentais:

  1. un punto polo que pase a recta A(x0,y0)
  2. a dirección coa que pasa a recta por ese punto : o seu vector director.